Xornadas de dinamización para a igualdade

Cliente: Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia

Creatividade e elaboración de carteis e guía de recursos contra a violencia de xénero, para a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Ideouse unha imaxe directa, de cara a conseguir a atención do público obxectivo e a súa posterior asistencia ás xornadas arredor das que se estruturou a campaña. A gráfica desenvolvida mostra a unha muller tapando os ollos para evitar a realidade que a rodea. Uns ollos pintados sobre as mans representan a axuda tendida, o pulo necesario para dar o paso de pedir apoio e deixar de paceder a situación de maltrato.

Sobre esta mesma base xira o lema da campaña, Non peches os ollos á violencia de xénero.