Web de Salvacon

Cliente: Salvamento e Contraincendios SL

Salvacon é unha das empresas de formación empresarial e industrial pioneiras en España e de maior proxección na actualidade. A súa continua aposta pola investigación e o desenvolvemento en materia de formación levoulle a ser unha das compañías con maiores e mellores recursos para formar a empregados en diversas áreas empresariais e industriais.

Salvacon necesitaba unha nova páxina web que desenvolvese unhas funcionalidades concretas das que non dispuña, e que tivese un deseño acorde co constante esforzo en investigación e desenvolvemento que a compañía ten como filosofía de empresa. Expúxose así unha aplicación completamente dinámica, na que publicar de xeito fácil e inmediato os cursos impartidos por Salvacon e as súas datas e lugares de celebración, así como unha sección de infomación dinámica acerca da empresa.

Atendeuse á súa vez a unha das particularidades no modelo de formación de Salvacon: a impartición da formación no lugar que considere o cliente, a través dunha ferramenta que permite situar no mapa a ruta xeográfica e o programa que seguen as distintas unidades móbiles das que a empresa dispón para dar os cursos nas diversas áreas formativas.