Turismo mariñeiro

Cliente: Concello de Ortigueira

Deseño e elaboración dun folleto para o Concello de Ortigueira, destinado a dar a coñecer os principais atractivos do municipio. A información achegada no mesmo xira arredor do concepto de turismo mariñeiro.

O folleto de turismo mariñeiro inclúe algunhas das principais rutas a desenlvolver no termo municipal de Ortigueira. Cada unha delas, acompañada dunha gráfica na que se informa do nivel de dificultade do percorrido, salienta os puntos de interese a visitar.

A información compleméntase cun directorio de establecementos hostaleiros.