Teléfono da muller

Cliente: Secretaría Xeral da Igualdade de Galicia

Produción da Secretaría Xeral da Igualdade para unha campaña de información dirixida ás mulleres vítimas de violencia machista, pola que se dá a coñecer en sete idiomas o número de teléfono gratuíto, e que non deixa pegada na factura, onde denunciar a súa situación e solicitar axuda.

Produciuse o deseño e a fotografía, así como os textos dirixidos ás mulleres nos que se insta a facer uso do teléfono e poñerse en contacto coas autoridades.