Publicidade corporativa Otcotiur

Campañas de publicidade corporativa para a promoción de Otcotiur entre os seus clientes e público obxectivo, así como para a felicitación do novo ano entrante. Creatividade e execución de elementos para o seu envío coincidindo coas festas de nadal.

Campaña nadal 2009
Deseño e elaboración de caixas promocionais nas que se daba a coñecer a Otcotiur entre os seus potenciais clientes. Cada unha das caixas-agasallo, confeccionadas na cor corporativa da empresa, contiña diversos elementos.

Así, todas elas incluían un xabrón de xastre e unha cinta métrica cun texto alusivo ao nacemento de Otcotiur e á súa vocación de desenvolver proxectos de comunicación a medida.

Os elementos anteriores situáronse sobre un coxín de veludo vermello semellante aos dos estoxos destinados a gardar xoias, co fin de poñelos en valor.

Campaña de nadal 2010
Seguindo a liña do ano anterior, deseñouse unha nova caixa destinada á fidelización dos clientes de Otcotiur. Malia manter a cor corporativa, modificouse o deseño do packaging co obxectivo de que os destinatarios/as do agasallo puidesen ver o seu contido desde o mesmo momento da entrega.

A caixa de 2010 contiña un paquete de galletas artesanais decoradas co logotipo de Otcotiur. Acompañounas unha tarxeta alusiva ao noso desexo de continuar cociñando ideas para os nosos clientes ao longo de 2011, na que ademais podían consultarse os ingredientes das pastas.