Programa de Respiro Familiar

Cliente: Dirección Xeral da Dependencia e da Autonomía Persoal da Xunta de Galicia

Creatividade e elaboración dunha campaña de promoción para o Programa de Respiro Familiar desenvolvido pola Xunta de Galicia. Deseño de carteis e dípticos informativos.

O obxecto deste traballo pasou por difundir entre os coidadores/as de persoas dependentes a existencia do Programa de Respiro Familiar, fuxindo na medida do posible das imaxes estereotipadas neste tipo de campañas.

Así, optouse por unha gráfica que simboliza, a través de fotografías, os momentos felices vividos polo coidador/a ata o momento no que tivo que facerse cargo dunha persoa dependente. O lema, Segue coidando de ti. Coidar dos teus non significa renunciar aos bos momentos, reforza a idea de que grazas a este programa os coidadores/as poden optar a un servizo de axuda que lles permitirá seguir desenvolvendo a súa vida con normalidade, na medida do posible.