Premios Mestre Mateo 2010

Cliente: Academia Galega do Audiovisual

Deseño de imaxe para os Premios Mestre Mateo, que cada ano concede a Academia Galega do Audiovisual, na súa edición de 2010. Aplicacións do devandito deseño a múltiples formatos e soportes, relacionados coa preparación e desenvolvemento da gala: programas de man, photocall, banners, pantallas, tarxetas dos presentadores, sobres, galletas de cedé, etc.

Otcotiur asumiu, asemade, o servizo de comunicación e prensa oficial dos Premios Mestre  Mateo 2010, durante as semanas previas e posteriores á gala. As tarefas acometidas neste sentido abrangueron, entre outras, a cobertura de roldas de prensa, convocatoria aos medios, redacción e envío de notas de prensa, atención aos medios, etc. Estes labores incluíron a cobertura informativa da propia gala de entrega de galardóns e a elaboración dun completo dossier de prensa -dvd navegable- con toda a información publicada sobre os Premios Mestre Mateo 2010.