Páxina web oficial de Turismo de Ortigueira

Cliente: Ayuntamiento de Ortigueira

Deseño e desenvolvemento dunha aplicación web para o Concello de Ortigueira, que ten como obxectivo a comunicación e promoción dos recursos e servizos turísticos da localidade.

Ortigueira é un dos concellos con máis atractivo, desde o punto de vista turístico, de Galicia e de toda a costa norte de España. O turismo supón unha das súas principais fontes de ingresos grazas á variedade dos seus recursos naturais e á calidade dos seus servizos. A importancia de comunicar e situar de xeito acertado os seus activos a través da rede é un eixo fundamental do concello na súa promoción estratéxica a nivel nacional.

No deseño da web contouse cun arquivo gráfico notable, onde se inclúen imaxes que poñen de manifesto a espectacularidade das paraxes de Ortigueira, e que motivou a súa estrutura visual e aparencia final. Cada unha das páxinas conta coa capacidade de incorporar unha galería de imaxes asociada e unha peza audiovisual, enriquecendo así o contido de cada un dos apartados.