Páxina web da Feira do Emprego de Santiago

Cliente: Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego del Concello de Santiago de Compostela

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego do Concello de Santiago de Compostela celebraba en outubro de 2010 a súa primeira Feira do Emprego, un encontro entre ofertantes e demandantes de emprego que tiña como obxectivo facilitar os procesos de inserción laboral.

A finalidade principal da páxina web da Feira do Emprego era dar a coñecer o evento e a súa programación, situar a súa localización, dar información relativa ás empresas participantes e ás ofertas de emprego que presentaban, e abrir unha fiestra de noticias sobre o desenvolvemento dos preparativos e da feira en si.

Para iso desenvolveuse unha aplicación web dinámica, na que os administradores tivesen a capacidade de actualizar o contido a medida que se ía xerando información nova.