Otcotiur, autopromoción Nadal 2011

Cliente: Otcotiur comunicación a medida

Desenvolvemento de concepto creativo e aplicación do mesmo para unha campaña de autopromoción de Otcotiur, coincidindo coas festas de Nadal de 2011. Un ano máis, optouse por enviar aos principais clientes e partners da empresa un agasallo manufacturado que reflectise o concepto dos “produtos a medida” creados por Otcotiur, sempre con especial coidado ao detalle.

Nesta ocasión, compoñía o presente un pequeno paquete de galletas artesanais en forma de botón, de varios sabores, acompañadas dunha tarxeta na que podía lerse o texto “Persoas coma ti fan que Otcotiur poida comunicar a medida. Por iso, un ano máis, metémonos en fariña para agradecercho.  Como mostra, un botón. Feliz 2012!”.