Newsletter de Artesanía de Galicia

Cliente: Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño reforzou a súa aposta por un deseño coidado de todas as súas accións de comunicación. Seguindo esta liña, Otcotiur desenvolve para este organismo unha newsletter institucional para subscritores a través da que recibir mediante correo electrónico información actualizada sobre a Fundación e as súas actividades.

O deseño do novo boletín busca unha continuidade cos soportes de comunicación principais da Fundación, como a súa revista ou a campaña de publicidade de 2010. Grises sobre brancos, liñas limpas e claras, e un tratamento gráfico e coidado que mostra o contido espido.