Mellor en bici

Cliente: Sociedade Anónima Municipal de Transporte de Santiago -Tussa-

Creatividade e elaboración dun folleto para a promoción do uso da bicicleta como medio de transporte sostible en Santiago de Compostela.

Co obxecto de chegar ao público obxectivo da campaña ideouse un folleto non convencional, que chamase a atención dos potenciais usuarios. Así, cun formato redondo, reproduce na súa portada a roda dunha bicicleta. No interior do folleto achégase información sobre as vantaxes que presenta o uso do producto fronte ao automóbil, así como datos relativos ao servizo de préstamo ofrecido por Tussa.

Estes datos compleméntanse cun mapa das estacións de préstamo de bicicletas habilitadas en Santiago de Compostela.