Mailing día dos namorados 2011

Cliente: Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia

Creatividade e desenvolvemento dun mailing con motivo do día dos namorados de 2011. 

Como elemento central da campaña, foi elexida unha planta que se caracteriza pola súa forma de corazón. En base á mesma, desenvolveuse a idea de que o amor debe de ser coidado día a día, entre os dous membros dunha parella, para que medre san e forte. 

Así, a planta - o amor - acompáñase dunha serie de coidados básicos recomendados para fortalecer unha relación sólida, baseada na igualdade e o respecto.