Festival de Ortigueira

Cliente: Concello de Ortigueira

Deseño e desenvolvemento da nova páxina web destinada á promoción e difusión do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Esta nova web foi concebida como un espazo dinámico e vivo, que permitise reflectir a actividade do Festival. Así, creouse unha portada modular cuxos elementos varían ao longo do ano, adaptándose ás diferentes fases do certame. O novo portal aproveita ao máximo o elevado volume de información compilada desde os inicios desta cita folk ata a actualidade. Agora é posible facer un auténtico repaso en liña pola historia do Festival, poñendo a disposición dos usuarios/as información textual, galerías de imaxes en alta resolución e mesmo vídeos dos artistas e grupos que pasaron por Ortigueira.

A web inclúe novas seccións e funcionalidades, como galerías de imaxes ampliables, vídeos, unha versión para a consulta a través de dispositivos móbiles e a implementación de perfís de Twitter e Facebook.