Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas – 2011

Cliente: Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia

Desenvolvemento do concepto creativo e aplicacións gráficas para a campaña da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas.

Nesta ocasión, a campaña ideada fai fincapé na elevada porcentaxe de casos nos que a prostitución consumida en Galicia está controlada por mafias. Así, baixo o formato de anuncios de contactos, introducíronse hipotéticas declaracións das mulleres que están a exercer na nosa comunidade este oficio baixo coacción. Procurábase deste xeito acadar un maior impacto entre o público obxectivo da iniciativa, especialmente entre os consumidores de prostitución.

Os soportes elixidos para a difusión da campaña foron os carteis e folletos nos que se incluiu ademais información sobre a situación actual da trata de persoas na nosa comunidade. Estes últimos foron repartidos en man entre os estudantes dos principais campus universitarios de Galicia.

Por último, realizáronse tamén soportes de grande formato e programas de man para as actividades celebradas no Museo Pedagóxico de Galicia con motivo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas.