Día da Muller Rural

Cliente: Secretaría Xeral da Igualdade de la Xunta de Galicia

Creatividade e elaboración de cartelería, dípticos, ploters e merchandising asociado con motivo do Día da Muller Rural, para a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Atendendo á realidade do rural galego na actualidade, plantéxase unha gráfica baseada na figura dunha muller nova, dinámica e acorde ao seu tempo, rachando co estereotipo dun rural envellecido e sometido ao illamento.

A campaña baséase no feito de as mulleres sustenten en gran medida a economía rural, grazas ao seu traballo -en moitos casos non recoñecido nin remunerado- e ao coidado da casa e da familia. Así, móstrase a unha muller nova que porta un cesto no que se pode observar unha escena representativa do rural galego, acompañada do lema O teu labor sostén o rural galego.

Como material complementario, elaboráronse dípticos coa información das xornadas a desenvolver, ploters e merchandising no que se aplicou unha adaptación da imaxe da campaña.