Campaña de nadal Aldeas Infantiles

Cliente: Aldeas Infantiles SOS

Redacción de copys para os distintos elementos que conformaron a comunicación efectuada desde a organización sen ánimo de lucro Aldeas Infantiles SOS no nadal de 2010.

Elaboración de textos publicitarios para cartas, postais, encartes para publicacións en papel, etc., arredor do concepto de que todos os nenos e nenas deberían ter dereito aos bos recordos. Co gallo de conseguir este obxectivo, os textos solicitaban que os seus destinatarios se fixesen socios de Aldeas Infantiles SOS, ou ben realizasen unha donación puntual á organización.