Campaña de Nadal 2011 Román Méndez Abogados

Cliente: Román Méndez Abogados

Deseño e aplicación de concepto comunicativo para a campaña de Nadal 2011 do despacho Román Méndez Abogados. O cliente solicitou o desenvolvemento dunha felicitación para o seu envío por correo postal. Tratándose dun bufete de avogados, optouse por un deseño sobrio e acorde coa actividade da empresa, así como co público obxectivo ao que estaría dirixido.

O tarxetón inclúe un texto de felicitación no que o despacho expresa os seus mellores desexos para o ano 2012. Buscando un ton desenfadado introdúcese unha frase en letra pequena, alusiva á actividade do despacho: “Pero se non é así, e algo se torce, sempre podes contar con nós, sexa cal sexa o problema. Desde Román Méndez Abogados faremos todo o posible por atopar unha solución e intentar que nada bote a perder un magnífico ano”.

Como agasallo promocional, completa a comunicación unha lupa destinada a facilitar a lectura da devandita letra pequena, rotulada co logotipo do despacho.