Campaña de Nadal 2011 Autocares Mosquera

Cliente: Autocares Mosquera

Deseño e desenvolvemento de elementos promocionais para Autocares Mosquera con motivo do Nadal de 2011. Nesta ocasión, optouse por un deseño sinxelo no que primase a elegancia e a sobriedade.

Así, sobre un papel azul escuro de efecto metalizado e alta gramaxe, reproduciuse a silueta dun autocar da compañía simulando o ceo estrelado. Esta imaxe acompañouse do lema “Un ano máis, grazas por permitirnos guiar os teus soños”. A gráfica descrita aplicouse tanto en tarxetóns coma en calendarios.