Autocares Mosquera

Cliente: Autocares Mosquera

Campaña publicitaria para Autocares Mosquera, con motivo da presentación do seu novo vehículo, o Setra S416 HDH, o único das súas características en Galicia. A creatividade contemplou o deseño e elaboración dun libro conmemorativo de postais.

Realizáronse dous anuncios publicitarios a inserir en prensa. Unha primeira fase teaser, na que se apelaba á extensa traxectoria de Mosquera, así como á súa calidade e cercanía ao usuario, e unha segunda fase de conclusión na que se desvelou a identidade do anunciante.

O agasallo conmemorativo ideado, con motivo da presentación do Setra S416 HDH na praza do Obradoiro foi un libro de postais, atendendo ao seu carácter perdurable, á súa posible difusión por parte dos destinatarios, e ao que o emprazamento elixido ten un marcado carácter turístico. As postais reflicten a extensa traxectoria de Autocares Mosquera a través de diversas imaxes da súa flota de vehículos.